Galicia, Cultura, Celtas, Cocina, Típico, Ocio, Historia  

Cocina Gallega

"CONXURO"

 


Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros
meigallos, cheiro de mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte ; fuciño do sátiro e pé
de coello.

Pecadora língua de mala muller casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales
cús, muxido da mar embravescida.

Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que
andan a xaneira, guedella porca de cabra mal parida.

Con este fol levantarei as chamas deste lume que
asemella as do Inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo
das súas escobas, índose bañar na praia das areas
gordas.

¡Oíde, oíde ! os ruxidos que dan as que non poden
deixar de quemarse na aguardente quedando así
purificadas.

E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo
embruxamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta
chamada : si é verdade que tendes mais poder ca humana
xente, eiquí e agora, facede cos espritos dos amigos
que están fora, participen con nós desta Queimada.

 

  Galicia está en Galice.net